Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.129

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (161/1997-09).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 161/1997, por furto, seguidos en virtude de denuncia formulada por José Álvarez Penín, contra Dorinda López Álvarez, dictouse sentencia, co encabezamento e resolución do teor literal que segue: en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos novente e oito. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

«Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 161/1997, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Jose Álvarez Penín e a denunciada Dorinda López Álvarez (seguen antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito). Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Dorinda López Álvarez da falta de furto pola que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da LAC. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma á denunciada, Dorinda López Álvarez, actualmente en

paradoiro descoñecido, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de abril de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

3709