Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.128

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, a Ana María Ángeles Martínez Barreiro.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de xuño de 1997 (BOE do 27), para a provisión da praza núm. 97/024, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración desta universidade, a favor de Ana María Ángeles Martínez Barreiro, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Ángeles Martínez Barreiro, profesora titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración desta universidade.

A Coruña, 13 de abril de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3947