Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.127

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

O apartado 22 da base sexta B) da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), da División de Recursos Humanos do Servicio Gale

go de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr.Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que, realizada polos tribunais a baremación correspondente, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante na fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Xa que logo, os tribunais das categorías de ATS/DUE, xestión da función administrativa e asistente social teñen rematada a dita baremación, polo que comisionado este centro directivo para a publicación do dito anuncio,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías relativas á baremación da fase de concurso, nos lugares previstos na base terceira da citada convocatoria.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación perante o propio tribunal contra a baremación.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

3453