Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.126

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de abril de 1998 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Convocadas probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo de grado medio de Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, pola Orde do 26 de agosto de 1997, publicada no DOG nº 199, do 15 de outubro, e de conformidade co establecido na base III.1 da dita convocatoria, esta consellería,

DISPÓN:

A composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, será a seguinte:

- Titulares:

Presidente: José Ricardo Díaz Presedo, subdirector xeral de Coordinación.

Vocais:

Olegario Martínez Copena, mestre de taller.

Manuel de Castro García, mestre de taller.

Narciso Álvarez Rúa, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: José Luis Andújar Pose, xefe de negociado de ensinanzas marítimo-pesqueiras.

Suplentes:

Presidente: Francisco Fernández Cortés, xefe do Servicio de Planificación e Sistemas de Información.

Vocais:

Rebeca Montero Rodríguez, xefa de Sección de Apoio a Programación e Investigación.

Luis Víctor Fariña Rodríguez, mestre de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

José A. García Lores, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª José Rodríguez Novoa, xefa de negociado na Asesoría Xurídica.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

4304