Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.086

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de abril de 1998 pola que se nomean os membros da Comisión de Selección de Investigación.

O Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, (DOG do 6 de febreiro), crea a Comisión de Selección de Investigación, dependente da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a través da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, determina as súas funcións e fixa o marco para a súa composición e para o nomeamento dos seus membros.

Na súa virtude e atendendo a proposta do secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

A Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, queda integrada polas persoas que de seguido se relacionan:

Presidente:

- Franco Fernández González. Área de ciencias experimentais.

Vocais:

- Andrés Beiras Iglesias. Área de ciencias da saúde.

- José Manuel Botana López. Área de ciencias sociais e xurídicas.

- Mercedes Brea López. Área de humanidades.

- Diego Cabello Ferrer. Área de ciencias experimentais.

- María Victoria Carballo-Calero Ramos. Área de humanidades.

- Luis Felipe de la Cruz Palomino. Área de ciencias da saúde.

- Antonio Erias Rey. Área de ciencias sociais e xurídicas.

- Emilio Fernández Suárez. Área de ciencias experimentais.

- José Manuel Gallardo Abuín. Área de ciencias experimentais.

- Wenceslao José González Férnandez. Área de humanidades.

- Santiago Hernández Ibáñez. Área de ensinanzas técnicas.

- Carlos Martínez-Peñalver Freire. Área de ensinanzas técnicas.

Secretario:

- Benito R. Fernández Rodríguez, xefe do Servicio de Promoción Xeral da Investigación da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz e sen voto.

Artigo 2º

Facúltase a Comisión de Selección de Investigación para solicitar información e asesoramento, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha máis axeitada distribución dos fondos destinados ás convocatorias de axudas e bolsas de fomento da investigación que faga a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

2838