Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

EDICTO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 12 de marzo de 1998, aprobou as bases da convocatoria para a provisión, mediante oposición libre, dunha praza de administrativo de Administración xeral vacante no cadro de persoal deste concello.

O texto completo destas bases exponse ó público no BOP por un prazo de vinte días naturais, sendo o seu extracto o seguinte:

Prazas: unha.

Denominación: administrativo de Administración xeral.

Forma provisión: oposición libre.

Probas da oposición:

1ª Tipo test, con oitenta preguntas con respostas alternativas, relativas ás materias do programa. Obrigatorio e eliminatorio.

2ª Oral: exposición de dous temas da primeira e segunda partes do programa. Obrigatorio e eliminatorio.

3ª Manexo de ordenador, (procesamento de texto, folla de cálcula e base de datos). Obrigatorio e non eliminatorio.

4ª Resolución dun caso práctico. Obrigatorio e non eliminatorio.

5ª Coñecemento do idioma galego. Obrigatorio e non eliminatorio.

Temario: publícase co texto íntegro das bases no BOP.

Curtis, 20 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado