Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca a oferta pública adquisición de solo, plan parcial san Paio de Navia-Vigo (1ª e 2ª etapa).

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A., habilitada en virtude do convenio co IGVS formalizado con data 30-12-1997 para a xestión da adquisición de terreos dentro da delimitación comprendida na 1ª e 2ª etapa do plan parcial de San Paio de Navia aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Vigo con data 3-6-1996, pon en coñecemento de todas aquelas persoas que teñan predios dentro do ámbito mencionado, coa adquisición deles por parte do IGVS farase conforme as seguintes condicións:

a) Compravenda:

-Valor do metro cadrado: 10.000 ptas./m.

-Valor das edificacións: a resutlante da súa taxación pericial.

b) Permuta:

-0,57 m de edificabilidade en solo urbanizado por cada m de solo achegado.

Documentación:

As ofertas presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

-Título que acredite a propiedade.

-Información e referencia catastral dos predios.

-Datos de inscrición no rexistro da propiedade e certificado das cargas.

Prazo:

O prazo de presentación das ofertas iniciarase na data do 15 de abril de 1998 e rematará o 15 de xullo de 1998 ás 12 horas.

Os predios que non foran adquiridos ou permutados, así como as edifificacións, serán obxecto de expropiación, fixándose o seu valor conforme a lexislación aplicable.

Lugar de presentación:

As ofertas prsentaranse ó nome do IGVS debéndose entregar nas oficinas de Xestur Pontevedra, sitas na Rúa Urzaiz nº 18-2º de Vigo, de 10 a 14 horas de luns a venres.

Nota: os interesados poderán obter máis información solicitándoa nas oficinas de Xestur.

O xerente

Rubricado

4161