Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun avión con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante o ano 1998.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: contratación dun avión con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante o ano 1998.

2.2. Prazo de execución: do 1 de xullo ó 30 de setembro de 1998.

3. Orzamento base de licitación:

Importe total: 51.000.000 de ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata (1.020.000 pesetas).

5. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata (2.080.000 pesetas).

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría D.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños, 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: (981) 54 17 49.

b) Domicilio: rúa Basquiños, 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio; rúa Basquiños, 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 11 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

3933