Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 de abril de 1998 pola que se convoca a VII Mostra Galega de Novos Creadores de Moda Xuventude 98.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, específica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude desenvolve, a través da Dirección Xeral de Xuventude, o programa Fomento da actividade xuvenil, que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Industria e Comercio a través da súa Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que ten entre outras funcións a de colaborar na formación e asistencia técnica ós suxeitos da actividade comercial, de acordo co Decreto 488/1997, do 26 de decembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, convoca cada ano unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca a VII Mostra Galega de Novos Creadores de Moda Xuventude 98, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

A mostra obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Artígo 3º

As actividades que leven consigo o desenvolvemento desta mostra serán custeadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.05.355B.640.1 e 14.01.211A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

VII Mostra Galega de Novos Creadores de Moda Xuventude 98

I. Participantes:

Xoves deseñadores de moda galegos ou residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, cumpridos durante o ano 1998, en grupo ou individualmente.

II. Condicións xerais:

1. As coleccións versarán sobre Primavera-Verán 99.

2. As coleccións deben ser orixinais e non ter participado noutros certames ou mostras.

3. Os participantes presentarán os seus deseños en láminas de 42 x 32 cm como mínimo, con deseño de fronte e de costado.

4. Poderanse presentar un máximo de tres coleccións, constando cada unha de 10 a 15 modelos.

5. Cada colección levará no reverso unicamente o seu título co pseudónimo do autor/es.

6. Xunto coas obras deberá entregarse un sobre pechado co pseudónimo no seu exterior, e no interior o boletín de inscrición que se indica no anexo III debidamente cuberto, fotocopia do DNI por ámbalas dúas caras e currículo do autor/es.

7. En ningún caso nos deseños pertencentes á/s colección/s presentadas deberán figurar datos que identifiquen os deseñadores, para garanti-lo anonimato en todo momento; isto non imposibilita a descrición dos materiais e complementos da colección.

III. Inscricións:

As solicitudes deberán formularse no impreso normalizado que se indica no anexo II.

Os participantes deberán presenta-las obras xunto coa solicitude e o sobre pechado no Servicio de Xuventude da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que residan habitualmente, que pode ser en:

Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo.

Avda. da Habana, 81 baixo, 32004 Ourense.

Rúa Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña.

Rúa Mª Berdiales 20 entrechán, 36203 Vigo.

Rúa Benito Corbal 47-2º, 36001 Pontevedra.

Antes do día 18 de setembro de 1998.

IV. Desenvolvemento:

O xurado seleccionará 10 participantes cunha colección de cada un deles.

Os seleccionados confeccionarán catro dos modelos para o pase que se vai realizar na cidade de Vigo, no Centro Cultural Caixa Vigo, o día 4 de novembro de 1998.

V. Premios:

Establécense os seguintes premios e axudas:

Para cada un dos dous primeiros clasificados, un premio de 250.000 pesetas e unha bolsa de 500.000 pesetas para cubri-los gastos de formación e aloxamento con modistos galegos de renome internacional. As bolsas serán outorgadas pola Consellería de Industria e Comercio dentro do convenio para a promoción do téxtil galego.

Axudas: 100.000 ptas. por cada un dos 10 seleccionados como apoio á confección dos modelos.

Así mesmo, farase entrega a cada un dos participantes na fase final dun diploma que acredite a súa participación nesta Mostra Galega de Novos Creadores de Moda.

VI. Xurado:

O xurado será nomeado pola directora xeral de Xuventude e polo director xeral de Comercio e Consumo, por proposta dos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra respectivamente, e estará formado por persoas cualificadas do mundo da moda, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Pontevedra.

Contra a decisión do xurado non caberá recurso.

VII. Dereitos:

As obras e, se é o caso, os informes dos seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude, durante o período da actividade.

Queda implícita a autorización do autor ou autores das obras seleccionadas para a reproducción e publicación da imaxe ou contido dela por parte da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude por calquera dos medios que esta estime oportuno.

Queda implícita na inscrición e participación nesta convocatoria a aceptación do contido das bases. Calquera dúbida sobre a interpretación delas ou calquera modificación destas será resolta pola Dirección Xeral de Xuventude.

3993