Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña .
Denominación: instalación de R.B.T. Vilares.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña R.B.T. aérea 0,72 km con orixe no C.T. Peregrina, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea 1,555 km orixe no C.T. Barral, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,975 km con orixe no C.T. Garabal, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,47 km con orixe no C.T.A. Labacolla, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,57 km con orixe no futruo C.T. Casal da Horta en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 20 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
3778