Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, en comisión de goberno do Concello do Grove do 23 de abril deste ano, o estudio de detalle da parcela sita nas rúas Jaime Solá e Hospital, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Álvaro Pérez-Lafuente Bóveda en representación de El Marino, S.A., de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente está á disposición dos interesados nas oficinas de secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase, por medio do presente anuncio, notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñedidos ou a aqueles ós que intentada a notificación, non se lles puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 30 de abril de 1998.

Servando Castro Iglesias

Alcalde Acctal.