Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do polígono industrial e comercial A-1.1 do vixente PXOU-O Bao.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día un de decembro de mil novecentos novente a sete adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.- Prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización do polígono industrial e comercial A-1.1 do vixente PXOU-O Bao, redactado polos arquitectos Hermo Túñez, Jiménez Passolas e Pérez Álvarez, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 27-11-1996.

Segundo.- Notificarlles este acto administrativo ós interesados e comunicarllo á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, dispoñéndose a publicación de anuncio no BOP e Diario Oficial de Galicia, para efectos da súa executividade.

Terceiro.- Facer constar que Granja del Bao, S.A. deberá presentar oficios de dirección facultativa da obra urbanizadora con carácter previo ó seu inicio. A cesión dos terreos deste concello, en virtude do proxecto de compensación, entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para que esa sociedade realice a obra urbanizadora prevista no presente proxecto, quedando afecta a fianza de 14.226.531 pesetas á correcta execución da urbanización e a recepción da obra urbanizadora efectuarase en actas que se subscribirán entre este concello e a sociedade promotora, logo de certificación de final de obra susbscrita polos técnicos directores e visada por seus colexios profesionais na que se verifique a adecuación da obra ó proxecto de urbanización.

Cuarto.- De conformidade co compromiso asumido por Granja del Bao, S.A., será preceptiva a constitución dunha entidade de conservación das obras de urbanización do polígono, do que a pertenza será obrigatoria para tódolos propietarios comprendidos no ámbito territorial, determinada en función das cargas do proxecto de compensación. Esta entidade deberá constituírse con anterioridade á finalización das obras de urbanización, debéndose facer constar nas transmisións e contratos que se realicen sobre as parcelas integrantes do polígono, para aceptación e coñecemento desta obriga polos futuros propietarios ou adquirentes titulares das parcelas».

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 29 de decembro do 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

3532