Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 4/1998).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Número de expediente: 04/1998.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: dotación de infraestructura ós laboratorios docentes (2ª fase, 3 lotes. b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c)División por lotes e número: 3. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total dos tres lotes 16.810.800 ptas.

5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación de cada lote. Definitiva: 4% do importe de licitación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/Areal, número 46, 2ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: (986) 81 35 71. e) Telefax: (986) 81 35 54. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/Areal número 46 planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio. r/Areal, número 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 28 de abril de 1998.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo

4009