Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 31 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 65/1997.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible

a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución do expediente sancionador 65/1997, por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. O expedientado dispón dun prazo de trinta días para examina-lo expediente da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13) co fin de poder presenta-lo recurso ordinario correspondente perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, segundo preceptúan os artigos 114 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e PAC.

1. Expediente sancionador: 65/1997.

Denunciado: Manuel Alvés García.

DNI: 34.261.862-G.

Último enderezo coñecido: rúa Caneiro, nº 4, Monforte de Lemos-Lugo.

Ourense, 31 de marzo de 1998.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense

3330