Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 2 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Prin número 4812.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, da a coñecer que José Luis González Novoa, con domicilio en Cobo-Tamallancos-Vilamarín, Ourense presentou nesta delegación provincial o 6 de novembro de 1997 instancia-solicitude do P.I. Prin número 4812 de 68 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, granito ornamental nos concellos de S. Cristovo de Cea e Vilamarín ó que lle correspondeu o número 4812 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 57' 40''42º 29' 00''

Vértice 27º 52' 00''42º 29' 00''

Vértice 37º 52' 00''42º 28' 20''

Vértice 47º 51' 40''42º 28' 20''

Vértice 57º 51' 40''42º 27' 40''

Vértice 67º 57' 00''42º 27' 40''

Vértice 77º 57' 00''42º 28' 00''

Vértice 87º 57' 40''42º 28' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere afectado, interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 2 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3468