Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se fai público o outorgamento da explotación Guillar número 2591.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, con data do 4 de xuño de 1997 a Dirección Xeral de Industria outorgou a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Guillar número 2591, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Rodeiro, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 21 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3668