Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas propano no termo municipal de Allariz (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con enderezo en r/ Arcipreste de Hita, 10, 28015 Madrid.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas propano comercial, no termo municipal de Allariz, na provincia de Ourense, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, o

cal se concretará posteriormente, co oportuno detalle no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións

-Estación de G.L.P., composta por 2 depósitos aéreos, cunha capacidade total de almacenamento de 66 m, dotada de equipo de gasificación, regulación e transvase axeitados ás necesidades de consumo.

-Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade con gas natural, construída con tubería de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerá soterrada na súa totalidade.

Área da concesión: o concello afectado pola solicitude de concesión é Allariz, na provincia de Ourense.

Orzamento: quince millóns setecentas cincuenta mil pesetas (15.750.000 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas personas naturais ou xurí

dicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, en Ourense.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3983