Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T. e R.B.T. das Regadas.
Situación: Beade.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, de 20 kV, de 82 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, con orixe no apoio existente na torre metálica número 5 da L.M.T. a C.T. das Regadas e remata no C.T. existente na caseta das Regadas. L.B.T. aérea proxectada das Regadas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 26 de marzo de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
3911