Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998 pola que se lle renova a FEGAFÖN a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Miguel Castrillón Fagil en representación de FEGAFÓN e a documentación anexa, na que solicita lle sexa renovada a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I ó IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos,

Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Renovar a FEGAFÓN a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente fotocopia da presente resolución, taboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a suá actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3450