Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/60-2, 4940 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Bravos (Outeiro de Rei).

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión en conductor LA-56 sobre apoios de formigón de 1.257 m de lonxitude. Centro de transformación de 160 kVA relación 20 kV/220-380. Liña de baixa tensión en conductor R.Z. 0,6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 18 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3357