Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, de diversos contratos administrativos de consultoría e asistencia que teñen por obxecto a redacción de diversos proxectos técnicos de obras.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ós que se refire a presente resolución e que posúen as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de reforma do pavillón polideportivo das Travesas, Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: cinco millóns setecentas mil pesetas (5.700.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

3. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra das pistas de atletismo no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 90 días.

c) Orzamento base de licitación: catro millóns novecentas mil pesetas (4.900.000 ptas.), IVE íncluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

4. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra das pistas de atletismo no concello de Cangas (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 75 días.

c) Orzamento base de licitación: catro millóns novecentas mil pesetas (4.900.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

5. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra da piscina cuberta no concello de Nigrán (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 60 días.

c) Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

6. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra das pistas de tenis e instalacións deportivas complementarias no complexo deportivo de Samil, Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: dous millóns cincocentas cincuenta e dúas mil pesetas (2.552.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

7. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de

reforma e acondicionamento do pavillón polideportivo no concello de Crecente (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 30 días.

c) Orzamento base de licitación: un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

8. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de piscina descuberta no concello de Cuntis (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 60 días.

c) Orzamento base de licitación: un millón setecentas mil pesetas (1.700.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

9. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de piscina cuberta en Teis, concello de Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: sete millóns setecentas trinta mil seiscentas setenta e cinco pesetas (7.730.675 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

10. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra do edificio para servicios administrativos e sede das federacións deportivas galegas, no concello de Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 120 días.

c) Orzamento base de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

11. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto técnico de execución da obra de ordenación paisaxística do complexo deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar (Ourense).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: un millón oitocentas mil pesetas (1.800.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

12. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra da piscina cuberta no concello de Marín (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 75 días.

c) Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

13. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra do campo de fútbol (bancadas e vestiarios) no concello de Carnota (A Coruña).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

14. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra da piscina e pavillón polideportivo no concello de Boiro (A Coruña).

b) Prazo de execución: 60 días.

c) Orzamento base de licitación: oito millóns duascentas cincuenta mil pesetas (8.250.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

15. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra do pavillón polideportivo no concello de Culleredo (A Coruña).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: tres millóns catrocentas mil pesetas (3.400.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

16. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de instalacións de piscinas no complexo deportivo de Acea Da Ma, no concello de Culleredo (A Coruña).

b) Prazo de execución: 60 días.

c) Orzamento base de licitación: dez millóns novecentas dezanove mil dezaseis pesetas (10.919.016 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

17. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de piscina cuberta no concello de Lugo (Lugo).

b) Prazo de execución: 90 días.

c) Orzamento base de licitación: sete millóns trescentas mil pesetas (7.300.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

18. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra da piscina cuberta no concello de Chantada (Lugo).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

19. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de instalacións deportivas na área recreativa municipal da Feira do Monte, concello de Cospeito (Lugo).

b) Prazo de execución: 75 días.

c) Orzamento base de licitación: un millón trescentas mil pesetas (1.300.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

20. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra da pista de atletismo no Campus Universitario de Ourense (Ourense).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: nove millóns oitocentas mil pesetas (9.800.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

21. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de reforma, acondicionamento e mellora do pavillón polideportivo no concello de Barro (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 60 días.

c) Orzamento base de licitación: un millón oitocentas mil (1.800.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

22. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de remate do complexo deportivo (pavillón e piscina) no concello de Mos (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 60 días.

c) Orzamento base de licitación: un millón catrocentas dez mil trescentas quince pesetas (1.410.315 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

23. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico de reforma do campo de fútbol do Anxo Carro e proxecto de execución da 1ª fase del, no concello de Lugo (Lugo).

b) Prazo de execución: 60 días para o proxecto básico e 20 días para o de execución desde que se preste conformidade ó primeiro.

c) Orzamento base de licitación: tres millóns cincocentas mil pesetas (3.500.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

24. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de pavillón polideportivo na estación de montaña de Manzaneda, no concello da Pobra de Trives (Ourense).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: cinco millóns catrocentas mil pesetas (5.400.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

25. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de acondicionamento da pista de atletismo no complexo deportivo de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

b) Prazo de execución: 45 días.

c) Orzamento base de licitación: un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.), IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

26. Obtención de información e documentación:

No servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 26 26. Fax: (981) 54 26 39). Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas poderán ser solicitadas directamente na r/ Xeneral Pardiñas, nº 2 (galerías) de Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 59 03 02.

27. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e que así o fagan constar na carátula do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro) modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

28. Apertura de ofertas:

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

29. Gastos de anuncios:

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de

Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

3402