Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.814

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (221/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 221/1997-10 por instancia de Nieves García Noya contra Serafín López Pérez, nas actuacións do cal se dictou sentencia cun encabezado e parte dispositiva á letra que din:

Sentencia: «no nome de El-Rei. En Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1998. Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia 221/1997 no que actuaron como partes denunciantes Nieves García Noya e como denunciado Serafín López Pérez. Si foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo.

Contra esta sentencia poderán interpor os interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal na que se base e a impugnación, e se fixará domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e se expresaran as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedir a práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas,

sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias da proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Serafín López Pérez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

3391