Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Titulados superiores en Relaciones Industriales.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Titulados Superiores en Relaciones Industriales, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas que se encontren en posesión do correspondente título universitario de licenciado ou equivalente en relacións industriais ou experto internacional en relacións industriais, e residan ou exerzan a profesión no ámbito territorial da asociación.

Asinan a acta de constitución: Blanca Lesta Castelo, e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3847