Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato de Oficios Varios de la Confederación Nacional del Trabajo (Federación Local de Vigo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato de Oficios Varios de la Confederación Nacional del Trabajo (Federación Local de Vigo), que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: traballadores de oficios varios.

Asinan a acta de constitución: Javier Costas Sueiras e dúas persoas máis.

Os estatutos despositados Poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 13 de abril de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

3826