Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/333-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Padrín.

Situación: Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,357 km con orixe na L.M.T. do C.T. Bemantes ó C.T. Día Tres (expediente 2252) e final no C.T.I. Padrín, en conductor LA 56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T.I. de 100 kVA 15.000/380-220 V en Padrín. L.B.T. aérea de 0,817 km con orixe no C.T.I. Padrín en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3290