Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Francelos.
Situación: Rois.
Descricións técnicas: L.B.T. aérea de 1,425 km con orixe no C.T. Fornelos, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón e fibra de vidrio. L.B.T. aérea de 0,02 km con orixe no lugar de Meana, en con
ductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 0,153 km con orixe en Buxán, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 1 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
3292