Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.741

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, realtivos á celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

O apartado 3 da base sexta B) da Resolución do 23 de xullo de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 31 de xullo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón que os diversos exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar ou lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal publique no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, comisionándose expresamente a este centro directivo polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes definitivamente admitidos no concurso-oposición das clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o vindeiro día 8 de maio de 1998, ás 17 horas, na Facultade de Medicina e Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa San Francisco s/n.

Segundo.-O chamamento será único e serán excluídos do concurso-oposición os aspirantes que non comparezan, debendo ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Terceiro.-En uso da facultade outorgada ós tribunais polo apartado 7 da base sexta B) da citada convocatoria, acórdase puntuar negativamente cada unha das respostas erróneas na proporción de 1/3 do valor dunha resposta correcta.

Cuarto.-Contra esta resolución poderá presentarse reclamación, perante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

3390