Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Gancedo nº 3.
Cultivo: ostra plana.
Localización: Redondela «A», cuadrícula 37.
Data da concesión: 20-4-1976.
Data na que remata a última prórroga: 22-2-2006.
Anterior concesionario: Mariscos Arcade, S.L.
Novos titulares da concesión: Ventura Rosendo Ríos (35.148.149), María Calvar García (76.793.501).
Os novos concesionarios quedas subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 3 de abril de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo
3244