Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Conchiña III.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Conchiña III.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 15 O Grove A.

Data da concesión: 28-9-1995.

Data na que remata a última prórroga: 6-10-2005.

Anteriores concesionarios: Vila Otero, Dolores (35.373.187); Gondar Vila, Francisco Manuel Servando (76.854.109); Gondar Vila, Servando Manuel (76.855.161); Gondar Vila, Pilar (35.448.975) e Gondar Vila, Mª Dolores (76.858.565).

Novos titulares da concesión: Gondar Vila, Francisco Manuel Servando (76.854.109).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das dis

posicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 25 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

3335