Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto da subministración consistente na adquisición de diverso material informático para a consellería.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte con

tratación polo sistema de concurso e procedemento aberto.

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de diverso material informático para a consellería, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para este.

Orzamento de licitación: dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 ptas.).

Fianza provisional: cincuenta e seis mil pesetas (56.000 ptas.).

Fianza definitiva: cento doce mil pesetas (112.000 ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: ano 1998.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 26 de maio de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 29 de maio de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

3703