Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/303-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Camiño do Piñeiro, 27.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,11 km con orixe na L.M.T.S. ó C.T. Souto e Vizoso (expediente 52710) e final no C.T.C. Camiño do Piñeiro, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3(1x240) mm Al. C.T. prefabricado de 630 kVA 15000/380-220 V na rúa Camiño do Piñeiro. R.B.T.S. de 0,135 km con orixe no C.T.C. Camiño do Piñeiro, 27, en conductor R.V.-0,6/1 kV, 4(1x240) mm Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3282