Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, oficina 2, 36201 Vigo.
Denominación: reforma C. protección e Sec. e C.T. na rúa Primo de Rivera.
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: reforma centro protección e seccionamento, con tensión de alimentación a 20 kV, tomando a subministración da L.M.T. Oleiros-Salvaterra, na rúa Primo de Rivera, concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 23 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
3286