Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, oficina 2, 36201 Vigo.
Denominación: reforma L.M.T. Salvaterra de Miño-Salceda, tramo Cabreira-Gándara.
Situación: Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 730 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 40 da L.M.T. existente Salvaterra de Miño-Salceda en San Roque-Cabreira ata o apoio 47 da mesma liña no Bº de Serra-Gándara-Salceda, concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
2996