Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración e instalación de marquesiñas no municipio de Cabana de Bergantiños. (Expediente 8099 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de marquesiñas no municipio de Cabana de Bergantiños.

Lugar de execución: municipio de Cabana de Bergantiños.

Prazo de execución: cinco meses.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 5.474.475 ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 218.979 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña