Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a asistencia técnica do programa Arte nas túas mans, destinado a persoas maiores e minusválidos.

-Obxecto: fomento da creatividade e terapia de grupo, dirixido a persoas maiores e minusválidos, a través da iniciación ás artes plásticas, e contando con actividades de animación socio cultural e relaxación.

-Orzamento de licitación: 7.000.000 de ptas. (IVE incluído).

-Prazo de execución: durante o período comprendido entre os meses de maio a decembro de 1998.

-Garantía provisional: 140.000 ptas.

-Clasificación requirida: non se esixe.

-Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata ás 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e elabora

ranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Servicios Sociais.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratacion, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

-Variantes: non se admiten.

-Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director Xeral de Servicios Sociais

3509