Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/165-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. en campo de fútbol de Sada .

Situación: Sada.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 25 m de lonxitude, con orixe na liña Soñeiro-Sada (expediente 27919) e final no centro de transformación (C.T.) que se vai instalar ó lado do campo de fútbol. Centro de transformación en caseta formigón, de 400 kVA e tensión de 20/0,380-0,220 kV. Sada.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3280