Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/165-2, 4864 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Saénz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Mazadoiro-Formigueiros (Sarria).

Situación: Sarria.

Características técnicas: L.M.T. subterránea de 1,45 km a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV-3x150 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 16 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3228