Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. enlace CC.TT. Alcalde Portanet-Castrelos III.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Alcalde Portanet rematando no C.T. Castrelos III. Concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 12 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
3211