Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 97/1-4).

Para efectos da declaración de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación que aquela leva implícita, e como continuación da información pública realizada no BOP de Pontevedra do 30-10-1997, BOE do 29-10-1997, DOG do 27-10-1997 e Faro de Vigo do 30-10-1997, sométese a información pública a relación concreta e individualizada de bens ou dereitos que se van expropiar que figura no anexo, de acordo co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994.

A instalación eléctrica que ten como características as que apareceron na anterior información pública arriba referenciada, corresponde a:

Título: parque eólico na Serra do Cando.

Solicitante: Gamesa.

Enderezo social: Portal de Gamarra, 40-Vitoria (Álava).

Concellos afectados: A Lama, Cotobade, e Forcarei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 17 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN661A 97/1-4Provincia: Pontevedra

Serra do CandoConcellos: A Lama, Cotobade e Forcarei

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº total de aeroxeradoresmm voo

Monte CandoMonte baixoC. Montes Veciñais M.C. de Sta. Mariña de PresqueirasPres.: Manuel Álvarez Álvarez. Para efectos de Notif.: Avelino Iglesias Diz. Rúa Alfonsín, 30

36569 Presqueiras-Forcarei

11112.826

Monte CandoMonte baixoC. Montes Veciñais M.C. de CaroiPres.: Salvador Gutiérrez Márquez. Rúa Altamira, 7

36002 Pontevedra

888222.608

Monte CandoMonte baixoC. Montes Veciñais M.C. de BarciaPres.: José Manuel Caballar Martínez

Pza. Barcelos, 10-8ºC

36002 Pontevedra

121.32333.912

Monte CandoMonte baixoC. Montes Veciñais M.C. de EscuadraPres.: Ramón Vilariño Sesar. San Lorenzo de Escuadra, 1

36838 As Cabanelas, Escuadra

161.76445.216

Monte CandoMonte baixoC. Montes Veciñais M.C. do CoveloPres.: José Muíños Durán.

San Sebastian de Covelo, 22

36830 A Lama

161.76445.216

3759