Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.504

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998, do tribunal V-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 3 (ordenanza...) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 14 de abril de 1998 polo tribunal V-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 3 (ordenanza...) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12), acordouse:

1º Que o segundo exercicio para os aspirantes que superaron o primeiro exercicio no proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza) do grupo V terá lugar o día 9 (sábado) de maio de 1998, ás 11 horas, no Auditorio-Pazo de Congresos da cidade de Pontevedra, sito na rúa Xunqueira, Pontevedra.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10.30 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1998.

Jaime Morales Piñeiro

Presidente do tribunal

3400