Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.465

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 31 de marzo de 1998 pola que se convocan para 1998 as bases reguladoras das axudas da iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 937/1997, do 20 de xuño (BOE nº 165, do 11 de xullo), dictado no ámbito da competencia estatal exclusiva en materia de bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica (Art. 149.1.13ª C.E.), establece a regulación do réxime de axudas previstas na iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial e no Programa Operativo para España no marco da iniciativa comunitaria PEME, aprobado por decisión da Comisión das Comunidades Europeas do 26 de xullo de 1996. Tal real decreto atribúelle-la xestión das axudas establecidas nel ás comunidades autónomas, establecendo no seu Art. 6, que cada Comunidade Autónoma deberá dictar no seu ámbito xeográfico as bases

reguladoras das subvencións de acordo co referido real decreto así como realiza-las convocatorias destas.

Tal cometido no ámbito da nosa comunidade é competencia da Consellería de Economía e Facenda, consellería á que está adscrito o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propios, creado por Lei 5/1992, do 10 de xuño, como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia para impulsa-lo desenvolvemento competitivo do sistema productivo galego, ó que compete promover todo tipo de actividades que contribúan a lograr un desenvolvemento económico harmónico e equilibrado da nosa comunidade. Tendo en conta a natureza e finalidades de tal instituto, o Igape revélase como o organismo idóneo dentro da nosa Comunidade Autónoma para asumi-la xestión das axudas da iniciativa PEME previstas no referido R.D. 937/1997. Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Ó abeiro do establecido no Art. 6 do R.D. 937/1997, do 20 de xuño, o obxecto da presente orde é desenvolver, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as bases reguladoras das axudas previstas no citado texto, así como realiza-la súa convocatoria para o ano 1998.

Os programas de tal decreto que se desenvolven no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia son os seguintes:

1. Cooperación empresarial.

2. Promoción dos servicios de información especial.

3. Deseño.

4. Redes de organismos intermedios de apoio á innovación.

5. Financiamento.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as pequenas e medianas empresas e/ou organismos intermedios que cumpran os requisitos establecidos para cada un dos programas no anexo I.

De acordo co establecido no Art. 1 B) 1º do R.D. 937/1997, considerarase pequena e mediana empresa (PEME), segundo a recomendación da Comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996, a unidade económica con personalidade, física ou xurídica, que no momento da solicitude reúna os seguintes requisitos:

a) Que empregue menos de 250 traballadores.

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40.000.000 de ecus ou ben un balance xeral non superior a 27.000.000 de ecus. O valor

do ecu será o do primeiro día do mes en que se presenta a solicitude.

c) Que non estea participada nun 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto, por outras que non reúnan os requisitos anteriores, salvo que sexan sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa.

De acordo co establecido no Art. 1 B) 2º do R.D. 937/1997, consideraranse organismos intermedios:

a) As organizacións públicas, semipúblicas ou privadas, calquera que sexa o seu estatuto fundacional, con personalidade xurídica propia, que sen ánimo de lucro, con carácter habitual, presenten servicios de apoio ás pequenas e medianas empresas, mediante a realización de programas comúns de asistencia ou a oferta de servicios, que contribúan á promoción e mellora da xestión das Pemes.

b) As organizacións que, con ánimo de lucro e maioría de capital de titularidade pública, cumpran as finalidades do parágrafo anterior.

c) As entidades financeiras, excluídas as de crédito, que desenvolvan actuacións previstas nos programas de apoio financeiro establecidos no R.D. 937/1997.

Tales definicións acomodaranse en todo caso ás establecidas no referido R.D. 937/97 ou normativa que resulte de aplicación. No suposto de que estas se modificasen, entenderanse igualmente modificadas as definicións contidas na presente orde.

Artigo 3º.-Destino.

Para cada programa dos referidos no artigo 1º da presente orde, poderán ser obxecto de axuda, mediante a concesión de subvencións, os proxectos e actuacións que cumpran as condicións e requisitos recollidos no anexo I.

Serán prioritarios os proxectos considerados subvencionables dentro do Programa Operativo para España no marco da Iniciativa Comunitaria PEME, aprobado por decisión da Comisión da Unión Europea do 26 de xullo de 1996.

Quedan expresamente excluídos os proxectos relativos ás materias de deseño industrial e de innovación tecnolóxica industrial, así como as accións para a participación de pequenas e medianas empresas industriais no Programa Marco de I+D da Unión Europea; a competencia destes correspóndelle ó Ministerio de Industria e Enerxía.

Artigo 4º.-Xestión das axudas.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) será o organismo encargado de tramitar e resolve-las solicitudes de subvencións - sen prexuízo da asistencia técnica que por razón da materia poidan presta-las consellerías sectoriais-, así como de proceder ó seu pagamento, con cargo ós créditos para

o efecto asignados para 1998, resultantes da distribución territorial efectuada pola Conferencia Sectorial da Pequena e Mediana Empresa de acordo co establecido no Art. 5 do R.D. 937/1997.

A contía dos créditos asignados para o exercicio de 1998 ascende a 421,1 millóns de pesetas, que poderán ser ampliados ata un máximo de 1302,3 millóns de pesetas en función da distribución territorial de créditos que a nivel nacional realice a Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa, e concretamente do reparto que se faga de reservas (180,4 millóns) e novas contribucións do FEDER (700,9 millóns) pendentes de retorno.

A concesión das axudas estará supeditada, en todo momento, á existencia de crédito suficiente.

Artigo 5º.-Tramitación.

1. Presentación de solicitudes.

Sen prexuízo das especialidades previstas no anexo I para o programa de financiamento, as solicitudes de axuda presentaranse por duplicado no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela, en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante instancia dirixida ó conselleiro de Economía e Facenda, presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), conforme os modelos que, para cada programa, se publican como anexos 2, 3, 4 e 5 á presente orde.

Á solicitude xuntaráselle copia da seguinte documentación:

1. Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

a) En caso de ser persoa física, fotocopia do DNI e NIF.

b) En caso de persoas xurídicas, deberase presentar fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura ou acta de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro público correspondente, así como DNI e poder do representante inscrito, no seu caso, no Rexistro Mercantil.

2. Alta no imposto de actividades económicas e último recibo pagado por este imposto, se é o caso.

3. No caso de sociedades mercantís, resumo de contas e balances correspondentes ó último exercicio económico cerrado, así como certificación do órgano de administración, comprensiva de: a composición actual do órgano, o detalle de partícipes con participación superior ó 25%, con indicación do nome ou razón social e a porcentaxe de participación, o número de traballadores actuais, o volume de negocio e o activo neto correspondente á data de peche do último exercicio económico cerrado.

4. No caso de solicitudes de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberá

xuntarse ó impreso de solicitude certificación do órgano de administración das sociedades partícipes, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data do último exercicio pechado.

5. No caso de asociacións ou agrupacións empresariais, certificación emitida polo secretario da asociación ou agrupación, onde conste o número de afiliados ou asociados.

6. Memoria descritiva do proxecto para o que se solicita a axuda, por duplicado, asinada polo solicitante, que especificará os datos que permitan determina-lo cumprimento dos criteros de avaliación para a concesión de axudas descritos no anexo I para cada un dos programas. O Igape non avaliará aqueles criterios que non figuren explicitamente detallados na memoria, a que deberá, polo menos, conter:

a) Planificación detallada da execución.

b) Fitos ou feitos finais e intermedios de control propostos, con indicadores de avaliación de cumprimentos.

c) Orzamentos detallados dos gastos subvencionables necesarios para a realización do proxecto.

7. Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, así como de tódalas axudas solicitadas e/ou concedidas ó solicitante por calquera Administración ou organismo público nos últimos tres anos, segundo modelo que se xunta como anexo VI.

8. No caso de entidades acollidas ó réxime de exención do IVE, documentación acreditativa dela.

9. Declaración xurada de que o beneficiario se atopa ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias e sociais, e que non ten pendente de pagamento, por ningún concepto, ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

10. Aquela documentación que, para cada un dos programas, se sinale no anexo I.

2. Prazo de presentación.

Poderanse presentar solicitudes desde a entrada en vigor da presente orde, ata o 30 de xuño de 1998, podendo tal prazo ser prorrogado sempre que exista crédito suficiente e adecuado para atender novos proxectos. A prórroga do prazo se é o caso concedida será obxecto de debida publicidade no DOG.

3. Emenda e mellora da solicitude.

Se a solicitude e/ou a documentación presentada non reunisen os requisitos esixidos na presente orde, o Igape requirirá o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou presente a documentación necesaria, con indicación de que se así non se fixera, terase por desistido da solicitude, arquivándose sen máis trámite, cos requisitos previstos no Art. 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En todo caso, o Igape poderá, antes de dictar resolución, efectua-las actuacións necesarias ou requirir do interesado a documentación adicional que considere oportuna a efectos de determinar e comproba-los datos en virtude dos que deba pronunciarse a resolución.

4. Resolución.

Á vista dos datos que figuran no expediente, e por proposta da comisión mixta paritaria para o efecto constituída por representantes do Ministerio de Economía e Facenda e do Igape, dictará resolución o Igape, de acordo cos criterios de valoración establecidos no anexo I para cada un dos programas.

A resolución de concesión incluirá en cada caso o importe dos gastos ou investimentos que se consideran subvencionables, o importe dos pasivos bancarios que se consideran reestructurables, a contía máxima da subvención concedida e a súa forma de pagamento, así como as condicións e prazos para a realización e xustificación dos proxectos aprobados, todo iso de conformidade coas condicións particulares que para cada programa subvencionable se establecen no anexo I da presente orde.

Caberá recurso ordinario ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde a notificación da resolución, que porá fin á vía administrativa.

Se no prazo de tres meses desde a presentación da solicitude, esta non fose resolta, poderá entenderse desestimada, cos efectos establecidos nos Art. 43 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5. Aceptación da subvención.

As resolucións de concesión deberán ser aceptadas polo beneficiario no prazo dun mes contado a partir da súa notificación. Pola dita aceptación o beneficiario obrígase ó cumprimento de tódalas condicións e obrigas establecidas na resolución de concesión, na presente orde, no Real decreto 937/1997, do 20 de xuño, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Se no referido prazo dun mes o beneficiario non aceptase expresamente a subvención, quedará sen efecto a concesión, entendéndose que renuncia a ela.

Artigo 6º.-Xustificación.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar ante o Igape, -sen prexuízo das especialidades establecidas no anexo I para o programa de financiamento -, a realización do proxecto aprobado na forma e prazos establecidos na presente orde e os seus anexos para cada un dos programas e especificamente na resolución de concesión.

En todo caso, o Igape poderá requirir en calquera momento do beneficiario a documentación adicional ou practica-las actuacións que considere oportunas

para mellor comprobación da realización do proxecto segundo os termos da resolución.

Artigo 7º.-Pagamento da subvención.

Para o pagamento da subvención, segundo calendario que se establecerá en cada resolución individual, os beneficiarios deberán presentar ó Igape, xunto coa documentación xustificativa establecida no artigo anterior, unha solicitude de cobro, xunto co do detalle das actividades realizadas.

Antes de proceder ó seu cobro, os beneficiarios deberán acreditar que se atopan ó día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de aboamento, por ningún concepto, ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Previo ó aboamento da subvención, o Igape poderá audita-la execución do proxecto.

Nos supostos nos que a empresa beneficiaria da subvención solicitase o seu cobro a conta con anterioridade á xustificación da adecuada realización do proxecto, será necesario que coa solicitude de cobro se presente aval bancario suficiente, constituído de acordo coa normativa vixente, pola contía anticipada máis os xuros calculados ó tipo de xuro legal do diñeiro polo prazo que medie entre a data de solicitude de pagamento e o último día en que o proxecto subvencionado teña que estar xustificado.

Artigo 8º.-Información e inspección.

Sen prexuízo do control que respecto ós proxectos financiados con fondos europeos corresponda á Unión Europea e ós órganos da Administración xeral do Estado que se establecen na decisión da Comisión Europea do 26 de xullo de 1996 e nos regulamentos comunitarios aplicables, e ademais dos mecanismos de control establecidos, o Igape, ben directamente a través do seus órganos ou ben indirectamente a través das entidades que designe, poderá efectua-las inspeccións que considere oportunas co fin de comproba-la aplicación das axudas ás finalidades para as que foron concedidas así como o cumprimento dos requisitos e condicións destas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo. O dito labor inspector e achega-la información que ó respecto lles sexa solicitada.

Artigo 9º.-Modificación da concesión.

Non serán aceptadas as modificacións dos proxectos que desvirtúen a finalidade destes ou impliquen incremento da subvención concedida.

O Igape, logo do seu estudio e valoración, resolverá sobre aquelas outras modificacións de proxectos solicitadas polos beneficiarios dos que a necesidade se xustifique. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da subvención e decretará, se é o caso, o reintegro do indebidamente ata o dito momento, calculado segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 10º.-Incumprimento.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como se é o caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión xunto co reintegro, se é o caso, do indebidamente percibido e os seus xuros de demora.

Procederá a revogación da subvención así como o reintegro das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora xerados desde o momento da súa percepción cando concorra algún dos supostos establecidos no Art. 78.5º da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia ou cando se producise un incumprimento das condicións impostas ó beneficiario na resolución de concesión.

Disposición adicional

Mentres a presente orde se atope en vigor e exista crédito suficiente, non se admitirán solicitudes de axuda á cooperación empresarial presentadas ó abeiro da Orde do 24 de xullo de 1996.

O esgotamento dos créditos para a concesión de axudas con cargo á presente orde será obxecto de publicidade a través do Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

Primeira.-De acordo co establecido na disposición transitoria 1ª do Real decreto 937/1997, do 20 de xuño, ata que a Comisión das Comunidades Europeas outorgue o seu consentimento ó réxime de subvencións recollidas no citado texto, estará vixente o réxime de «minimis» establecido nas directrices comunitarias (DOCE nº C68/9, do 6 de marzo de 1996). Tal réxime de «minimis» establece para as Pemes como importe máximo total de axuda para cada beneficiario durante un periodo de tres anos o de 100.000 ecus. A aplicación de tal normativa está expresamente excluída para as axudas á exportación, os sectores cubertos polo tratado CECA, a construcción naval, o sector de transportes e para as axudas concedidas para gastos relacionados coa agricultura ou a pesca.

Para os efectos establecidos neste precepto, o valor do ecu establécese en 168 ptas.

Segunda.-Ás solicitudes presentadas e ás axudas concedidas ó abeiro da orde da Consellería de Economía e Facenda do 13 de outubro de 1997 de convocatoria para 1997 de axudas no marco da iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial aplicaráselle-lo réxime nela previsto.

Disposición derogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Economía e Facenda, do 13 de outubro de 1997, de convocatoria para 1997 de axudas no marco da iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial e

cantas disposicións de inferior rango se opoñan ó disposto na presente orde.

Disposición derradeira

Primeira.-Facúltase o Igape para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas reguladas nesta orde, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten na súa aplicación.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

DOS PROGRAMAS SUBVENCIONABLES

Os presentes requisitos, termos e condicións serán de aplicación para cada programa subvencionable, ademais dos establecidos con carácter xeral

1. Programa de cooperación empresarial.

1. Beneficiarios das axudas.

As pequenas e medianas empresas e os organismos intermedios incluídos no artigo 2º da presente orde que teñan o seu enderezo social e o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e proxecten realizar actividades de cooperación empresarial tanto no ámbito nacional como internacional.

2. Obxecto das axudas.

2.1. Para os efectos da presente orde entenderase por cooperación entre empresas o desenvolvemento de proxectos empresariais de carácter productivo, comercial, tecnolóxico ou de investimento conxunto en capital, entre dúas ou máis empresas, económica e xurídicamente independentes que, movidas pola reciprocidade de vantaxes e a busca de sinerxías que poidan contribuír a incrementa-la súa competitividade, deciden colaborar estreitamente para desta forma reducir riscos e/ou compartir custos.

As axudas estarán destinadas a financia-los gastos realizados polos socios galegos para a subscrición de acordos de cooperación, así como os correspondentes a actuacións dos organismos intermedios integrados en plans de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación, que melloren a competitividade das empresas e que, de acordo coas presentes bases, o Igape considere subvencionables.

As actuacións consideradas non deben conducir a prácticas restrictivas da competencia, ofrecerán garantías de permanencia e estabilidade e estarán orientadas á promoción e apoio da cooperación empresarial.

2.2. Poderán subvencionarse as actividades requiridas para o cumprimento das diversas etapas do

proceso de cooperación e, especificamente, as seguintes:

a) As relativas á promoción da cooperación que realicen os organismos intermedios, que inclúen a sensibilización e dinamización de proxectos concretos; diagnóstico das capacidades empresariais conxuntas e deseño das estratexias de cooperación, e actuacións de difusión da cooperación.

b) Busca e identificación de socios, de oportunidades de negocio e análise de factibilidade da idea de proxecto de cooperación.

c) As relativas ó asinamento de acordos de cooperación, entre as que se incluén a análise de viabilidade do proxecto; o estudio das diversas alternativas e posibilidades de asociación empresarial; a negociación e formalización do acordo de cooperación.

d) Excepcionalmente, as relativas á posta en marcha dos acordos que requiran a prestación de servicios especializados, entre eles a formación, que se consideren imprescindibles e de difícil acceso para os socios galegos cos seus propios recursos.

e) Apoio á creación, constitución ou integración de organismos intermedios en organizacións supranacionais.

f) Accións de promoción orientadas a favorece-la agrupación das empresas para acceder a uns servicios que melloren a súa competitividade.

3. Gastos subvencionables.

3.1. Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gastos externos imputables ás diversas etapas do proceso de cooperación descritas no apartado 2.2. facturados e aboados desde o 1 de xaneiro de 1998 e ata a data límite de execución e xustificación do proxecto de cooperación establecida na resolución de concesión. No caso de que os beneficiarios sexan pequenas e medianas empresas, non se admitirán os gastos aboados a partir da data de subscrición do acordo de cooperación entre as partes cando tal acordo se subscriba antes da data límite de execución do proxecto, establecida na resolución de concesión:

a) Os gastos externos de consultoría (técnica, económica ou xurídica), relacionados co estudio do proxecto de cooperación, excepcionalmente os de formación ligada ó desenvolvemento do acordo ou outros servicios especializados que se consideren imprescindibles e de difícil acceso para os socios galegos cos seus propios recursos, sempre que os ditos servicios se realicen con carácter previo á subscrición do acordo de cooperación.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá do 80% do total dos gastos subvencionables do proxecto.

Xunto coa solicitude de axuda deberá presentarse un orzamento detallado asinado pola empresa consultora ou de formación ou servicios no que se faga

consta-la natureza e o alcance do servicio externo que se vaia prestar, así como as horas de traballo previstas, o prazo de execución do traballo e o importe que facturar, con dessagregación dos impostos repercutibles. O Igape poderá minora-la contía dos gastos previstos por este concepto cando considere que os importes orzamentados superan os prezos normais de mercado correspondentes ó tipo de servicio proxectado.

b) Os gastos notariais e rexistrais que sexan necesarios para a formalización do acordo e correspondan ós cooperantes galegos, para o que se efectuará unha distribución dos aranceis satisfeitos, rateándoos en función do número de participantes finais e/ou participación no capital da fórmula asociativa elixida.

c) Os gastos de viaxe directamente relacionados co proxecto de cooperación en que incorra o persoal directivo ou técnico do beneficiario adscrito ó proxecto. Exclusivamente os de desprazamentos interurbanos en medios de transporte públicos -avión clase turista, tren, - e de aloxamento.

d) Os gastos externos en materiais, mostras, ensaios, con fins demostrativos, necesarios para a formalización do acordo.

e) Os gastos externos de difusión, documentación, edición, en proxectos de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación, en que incorran os organismos intermedios incluídos no artigo 2 da presente orde.

Dentros dos conceptos de gasto anteriores só se considerarán subvencionables os facturados por terceiros. Os correspondentes pagamentos deberán efectuarse a través de conta bancaria, a excepción dos gastos notariais e rexistrais, que poderán aboarse en efectivo.

A xustificación dos gastos anteriores presentarase xunto coa solicitude de cobro da subvención, de acordo co establecido no apartado 8, mediante a prestación das correspondentes facturas, billetes, tarxetas de embarque, medios de pagamento e cargo en conta bancaria. No caso de gastos externos de consultoría, deberá presentarse adicionalmente unha copia do traballo de natureza técnica, xurídica ou económica efectuado.

3.2. Non serán considerados subvencionables:

a) Os gastos de funcionamento.

b) Os investimentos en activos fixos.

c) Os gastos de desenvolvemento da actividade resultante do acordo de cooperación. Para estes efectos e con excepción dos previstos no apartado 3.1.a) en relación co 2.2.d), excluiranse todos aqueles gastos que pola súa natureza se correspondan con gastos de posta en marcha do acordo de cooperación, aínda cando as actividades que os xeren se realicen de forma anticipada, con carácter previo á subscrición do acordo de cooperación.

d) Os gastos de persoal.

e) O IVE satisfeito por adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

f) Os gastos financeiros.

4. Modalidade e contía das axudas.

As axudas consistirán en subvencións a fondo perdido de ata o 50% dos gastos subvencionables do proxecto cando o solicitante sexa unha pequena ou mediana empresa, e de ata o 75% no caso de actuacións de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación promovidas por organismos intermedios.

5. Criterios para a concesión das axudas.

Para a cualificación do proxecto como incentivable e a determinación da contía da axuda teranse en conta os seguintes criterios:

a) O grao de maduración e definición do proxecto: as solicitudes de axuda deberán referirse a proxectos de cooperación cun mínimo grao de maduración, tanto no que se refire á idea de proxecto ou negocio empresarial asociativo ou, no caso de organismos intermedios, das actuacións concretas de sensibilización, promoción e dinamización que levar a cabo, como no ámbito xeográfico de desenvolvemento e incidencia do proxecto na competitividade das empresas intervenientes.

b) Os efectos e vantaxes derivados do proxecto de cooperación: o proxecto deberá ser unha fonte de vantaxes competitivas claras para as empresas beneficiarias, atendendo a factores tales como a congruencia de obxectivos, a complementariedade nos recursos e o risco asociado a cada empresa.

c) O grao de cooperación que se prevé acadar e as garantías de estabilidade, primándose as fórmulas asociativas proxectadas que impliquen unha maior integración e a creación de alianzas estratéxicas e a súa estabilidade no tempo.

d) O número de participantes.

e) O grao de viabilidade técnico-económica do proxecto.

f) Os recursos humanos e técnicos utilizados.

g) A experiencia dos promotores.

h) O interese do proxecto, o seu impacto previsible, así como o ámbito sectorial e xeográfico de actuación. Para estes efectos valoraranse de forma especial os proxectos de cooperación que se centren no ámbito da expansión exterior da empresa galega, no marco dun proceso de penetración ou expansión internacional que a empresa pretenda realizar, xa sexa a través de consorcios de exportación, filiais comerciais de capital mixto con socios locais, sociedades mixtas fabrís no estranxeiro, acordos internacionais de licencia ou de distribución exclusiva. En ningún caso serán subvencionables aqueles proxectos dos que a finalidade sexa a substitución da actividade

principal desenvolvida en Galicia por outra actividade similar no exterior.

i) As accións de dinamización dirixidas á cooperación entre empresas de reducida dimensión.

j) Previsión de incremento de emprego derivado do acordo de cooperación.

k) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

l) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

6. Tramitación.

6.1. Xunto co impreso de solicitude relativo ó proxecto de cooperación que publica como anexo II, deberá presentarse a documentación requirida no Art. 5º da presente orde correspondente a cada unha das empresas cooperantes que pretendan acollerse á axuda.

6.2. Respecto á memoria descritiva do proxecto a que se refire o Art. 5.1., apartado 6) da presente orde, esta deberá ser asinada por tódolos representantes das empresas cooperantes que pretendan acollerse á axuda, e nela faranse constar como mínimo, os seguintes extremos:

a) Antecedentes e descrición das entidades participantes.

b) Descrición detallada do proxecto de cooperación, con indicación de:

-A idea do proxecto ou negocio empresarial asociativo que se vaia desenvolver e as actividades requiridas para o cumprimento das diversas etapas subvencionables ou, no caso de organismos intermedios, as actuacións concretas de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación que se vaia levar a cabo.

-A avaliación da súa posible incidencia na competitividade das empresas intervenientes, ámbito xeográfico de desenvolvemento, prazo de execución previsto e, no caso de pequenas e medianas empresas, fórmula asociativa elixida.

c) Estudio de viabilidade técnico-económica do proxecto.

d) Orzamento desagregado dos gastos subvencionables en que se prevé incorrer por cada unha das entidades participantes que soliciten a axuda e o seu importe totalizado, con identificación suficiente das diferentes partidas de gasto e xustificación da súa relación directa co proxecto de cooperación presentado. No caso de que no orzamento se inclúan conceptos de gasto aboados desde o 1 de xaneiro de 1998 e anterioridade á solicitude da axuda, deberá facerse constar tal circunstancia.

7. Resolución.

A resolución dictada para cada proxecto de cooperación será única e preverá como beneficiarios conxuntamente a tódolos solicitantes da axuda. Na

resolución farase consta-la descrición do proxecto de cooperación aprobado ou das accións de promoción da cooperación aprobadas en caso de organismos intermedios, a contía máxima de subvención concedida, o importe total máximo de gastos subvencionables, o prazo máximo de execución e xustificación do proxecto, que en ningún caso poderá ser posterior ó 15 de novembro de 1998, así como se é o caso, a fórmula asociativa elixida.

Igualmente a resolución establecerá a automática reducción á metade da porcentaxe de subvención aprobada nos casos en que maila teren acreditado os beneficiarios a realización das accións de cooperación aprobadas, estas non se concreten na subscrición do contrato ou acordo de colaboración entre as partes.

A resolución deberá ser aceptada conxuntamente por tódalas empresas solicitantes. En virtude da aceptación os beneficiarios obríganse solidariamente ó cumprimento de tódalas condicións e obrigas establecidas na resolución de concesión, na presente orde, no Decreto 937/1997, do 20 de xuño, e demais disposicións que resulten de aplicación.

8. Xustificación e pagamento.

O correspondente contrato ou acordo de cooperación entre as empresas deberá ser formalizado con anterioridade á finalización do prazo máximo de execución e xustificación do proxecto establecido na resolución de concesión, data na que deberá estar xustificada ante o Igape a súa subscrición entre as empresas intervenientes a través da modalidade asociativa elixida. Noutro caso será de aplicación o previsto no parágrafo segundo do punto 7 anterior.

Unha vez formalizado o contrato ou acordo de cooperación ou no caso de organismos intermedios, unha vez realizadas as accións de promoción da cooperación aprobadas, e en todo caso antes do termo do prazo de xustificación do proxecto establecido na resolución de concesión, cada un dos beneficiarios partícipes no proxecto presentará individualmente a súa solicitude de cobro, debendo xunta-los documentos que xustifiquen a realización do proxecto aprobado.

Para a xustificación da realización do proxecto aprobado, xuntarase ademais de copia compulsada do contrato ou acordo de cooperación subscrito, unha certificación do beneficiario comprensiva das accións subvencionables executadas, con desagregación por conceptos de cada un dos gastos aboados, xunto cos xustificantes acreditativos da súa realización e pagamento, tales como facturas, recibos, billetes, tarxetas de embarque, medios de pagamento e cargo en conta bancaria. No caso de que entre os gastos subvencionables figuren gastos externos de consultoría, deberá presentarse copia dos traballos de natureza técnica, xurídica ou económica efectuados.

No caso de resolucións que inclúan conxuntamente a varios beneficiarios para un mesmo proxecto de

cooperación, o Igape efectuará o aboamento da subvención a cada unha das empresas beneficiarias en función dos gastos por estas xustificados e sen que no conxunto se poida supera-lo importe total máximo de gastos subvencionables establecido na resolución de concesión, nin o correspondente a cada partida de gasto, efectuándose en tal caso un rateo entre tódalas solicitudes de cobro.

A porcentaxe de subvención aprobada aplicarase sobre o importe de gastos subvencionables efectivamente xustificado, con independencia de que o dito importe sexa inferior ó teito máximo establecido na resolución, sempre e cando se considere que non se desvirtúa o proxecto, e sen que en ningún caso se supere a porcentaxe máxima por capítulos establecido no apartado 3.1.

2. Programa de promoción de servicios de información.

1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios referidos no Art. 2º da presente orde que teñan o seu enderezo social e o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e presten habitualmente servicios de información e/ou asesoramento ás empresas.

2. Obxecto das axudas.

As axudas outorgaranse para facilita-las actuacións que, apoiándose en redes telemáticas, promovan e potencien a prestación de servicios avanzados de información empresarial. O importe da subvención deberá reducir sensiblemente o custo para a PEME dos productos e/ou servicios xerados polo proxecto.

Subvencionaranse proxectos dirixidos a:

a) Fomentar e crear redes de información, públicas ou con acceso restrinxido parcial, que faciliten o acceso da PEME á información electrónica.

b) Renovar e amplia-la oferta informativa mediante a inclusión de productos e servicios de interese para a PEME, que poidan ser incorporados e distribuídos a través dos sistemas de información da dirección xeral de política da PEME ou do sistema Igatel do Igape.

c) Potenciar ou renova-la calidade dos servicios de información prestados ás Pemes.

Non serán subvencionables aqueles proxectos que pretendan informatiza-las empresas nin aqueles que pretendan dar acceso a un servicio xa existente e de maneira equivalente ós proveedores actuais.

3. Contía da subvención.

A contía da subvención será como máximo o 75 por 100 dos gastos subvencionables.

4. Criterios para a concesión das axudas.

Os criterios que se consideran para a concesión das subvencións serán os seguintes:

a) Dispor de soportes informáticos e de comunicacións adaptados ás consultas a bancos de datos e á difusión da información.

b) Que os contidos informativos sexan relevantes para as empresas, non existan na actualidade, teñan adecuado nivel de actualización e instrumenten os necesarios controis de calidade.

c) Que os proxectos sexan técnicamente factibles, se baseen e utilicen tecnoloxías actuais (non obsoletas), xa implantadas no mercado (non I+D) e poidan ser distribuídos a través das plataformas e dispoñibles no sistema de información da dirección xeral de política da PEME ou do sistema Igatel do Igape. Así mesmo, valorarase a solvencia técnica e operativa que asegure o mantemento e a continuidade do servicio no tempo, e especificamente os recursos humanos ou materiais asignados ó servicio por parte do organismo de forma permanente.

d) Que os productos/servicios resolvan necesidades reais das Pemes, e teñan ampla demanda ou utilización no caso de servicios existentes. Valorarase a existencia de apoio explícito por partes das Pemes ó proxecto.

e) Que a solvencia financeira dos solicitantes sexa acorde coa envergadura do proxecto e que se asegure a viabilidade económica dos servicios prestados unha vez postos en marcha.

f) Que supoña para as Pemes a adquisición de tecnoloxías de información e/ou diminución das barreiras tecnolóxicas de acceso ás grandes redes de información.

g) Que ofreza un efecto multiplicador e leve consigo unha prestación conxunta de servicios de información.

h) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

i) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

j) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

5. Gastos subvencionables.

5.1. Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gasto aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación do proxecto establecida na resolución de concesión, que non poderá supera-lo 15 de novembro de 1998.

a) Equipamento permanente (, e desenvolvemento de aplicacións específicas en sistemas abertos e segundo estándares do mercado):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 5.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 15% dos gastos totais subvencionables. Exclúese a adquisición de equipamento hardware e software ofimático estándar ou de uso non específico para o proxecto.

b) Adquisición e tratamento da información (localización, captura e tratamento da información, subscrición a revistas, boletíns, bases de datos, de acceso non facilitado actualmente por outros organismos en idénticas ou similares condicións; -versión en castelán, garantía de -):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 80 por 100.

2º Subvención máxima: ata 16.800.000 pesetas.

c) Comunicacións (redes públicas -rdsi, rtc, iberpac, etc.-, internet, infovia):

1º Porcentaxe de subvención: ata 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 1.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 10% dos gastos totais subvencionables.

d) Consumibles (material informático, material de oficina):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 5.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 5% dos gastos totais subvencionables.

e) Servicios externos:

1º Porcentaxe de subvención: ata o 80 por 100.

2º Subvención máxima: ata 16.800.000 pesetas.

f) Viaxes (desprazamentos interurbanos en medios de transporte públicos - avión clase turista, tren - e aloxamento):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 1.500.000 pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto no excederá o 5% dos gastos totais subvencionables.

5.2. Non serán considerados subvencionables:

a) Os gastos de persoal.

b) O IVE satisfeito por adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

c) Os gastos financeiros.

6. Documentación adicional.

Co obxecto de poder avalia-los criterios para a concesión de axudas, a memoria descritiva do proxecto referida no Art. 5º.1.6) da presente orde, deberá incluír como mínimo a seguinte documentación:

1. Definición detallada de cada un dos servicios ou productos que se lles van ofrecer ás Pemes.

2. Xustificación da utilidade de cada servicio ou producto.

3. Custo ó que se vai a ofrecer cada servicio ou producto.

4. Número de Pemes usuarias se é un servicio existente ou potenciais usuarias se é novo.

5. Detalle dos gastos subvencionables agrupados segundo o apartado 5 do anexo I.

6. Relación de cada un dos gastos subvencionables dos grupos a), b) c) e e) cos servicios ou productos do proxecto, especialmente as fontes de información incluídas en b).

7. Recursos humáns dos destinados ó mantemento dos servicios ou productos, indicando se son internos ou externos e a súa cualificación.

8. Recursos económicos previstos polo organismo para actualizar e mante-lo servicio, unha vez posto en marcha.

9. Plan de financiamento previsto para o proxecto, onde se cuantifique a incidencia da subvención solicitada, así como os outros medios propios e/ou alleos previstos.

3. Programa de deseño.

1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas e os organismos intermedios referidos no Art. 2º da presente orde que teñan o seu enderezo social e o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Obxecto das axudas.

Poderán ser obxecto de axuda os proxectos que teñan como fin a incorporación, asimilación ou aplicación de técnicas innovadoras e/ou de deseño na PEME para mellora-la súa competitividade. Exclúense os proxectos de deseño industrial, deseño de productos propios e deseño de procesos de fabricación.

Os proxectos deberán ser enfocados como medidas globais para a súa aplicación á empresa, e ir asociados a unha estratexia de innovación claramente definida.

As axudas irán destinadas a financiar proxectos orientados a:

a) Incorpora-los servicios de deseño orientados á comunicación do producto e/ou a empresa no desenvolvemento de proxectos empresariais.

b) Integrar técnicas e metodoloxía de deseño en proxectos de desenvolvemento local ou zonal.

c) Aplica-lo deseño e a innovación á implantación de franquías ou outros métodos especializados de comercialización.

d) En xeral, apoiar proxectos de deseño que teñan como fin a mellora e comercialización de productos e servicios novos ou preexistentes, envases, embalaxes, elementos de comunicación comercial, deseño do punto de venda, identidade corporativa, xeración de marca, auditorías de deseño, ou outras similares.

e) Apoia-la incorporación de técnicas e procedementos de innovación nos procesos de distribución e comercialización de productos e servicios, así como a aplicación de métodos innovadores de xestión, co obxecto de mellora-la competitividade das pequenas e medianas empresas.

f) O desenvolvemento de proxectos dirixidos a difundir, promocionar e sensibilizar a empresarios e consumidores sobre a importancia do deseño e a innovación para mellora-la competitividade empresarial e de adaptación ás esixencias cambiantes dos mercados.

3. Contía da subvención.

Os límites máximos de axuda que poden concederse son os seguintes:

a) Para os proxectos desenvolvidos polas pequenas e medianas empresas ata o 50 por 100 da base subvencionable, sen que poida supera-la cifra de 16.800.000 pesetas.

b) Para os proxectos desenvolvidos por organismos intermedios, ata o 75 por 100 da base subvencionable.

4. Criterios para a concesión das axudas.

As solicitudes presentadas serán avaliadas tendo en conta, basicamente, os seguintes criterios:

a) O grao de maduración e definición do proxecto.

b) A viabilidade técnico-económica do proxecto.

c) O carácter innovador do proxecto.

d) A adquisición e incorporación de servicios e persoal de deseño.

e) A estructura empresarial do solicitante, tamaño, recursos, productos, rede comercial, etc.

f) O xuro e o impacto previsible do proxecto no contorno empresarial, sectorial ou de mercado.

g) Adaptación a normativas legais en materias de: seguridade industrial, calidade medioambientais, etc., tanto referidos ó producto, como a envase e embalaxe, etiquetado, etc.

h) Relación do proxecto coa estratexia da empresa.

i) O número de empresas participantes no proxecto.

j) Colaboracións externas nas fases de deseño.

k) O número de proxectos presentados ás diversas liñas de apoio reguladas no presente real decreto.

l) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

m) O esforzo adicional que represente para a entidade a realización do proxecto.

n) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

ñ) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

5. Gastos subvencionables:

5.1. Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gastos aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto establecida na resolución de concesión, que non poderá supera-lo 15 de novembro de 1998.

a) Gastos externos de consultoría.

b) Gastos de rexistro de debuxos, patentes e marcas.

c) Gastos externos de deseño e maquetas.

d) Gastos externos e de deseño gráfico asociados ó envase e embalaxe, identidade corporativa, marcas, etiquetados, e elementos de comunicación comercial.

e) Investimentos en equipos e técnicas asociados ó proxecto.

f) Viaxes (desprazamentos interurbanos en medios de transporte públicos, avión turista, tren e aloxamento). O gasto subvencionable por este concepto non poderá supera-lo 5% do total de gasto subvencionable.

g) Gastos de materiais de difusión, promoción e dinamización do proxecto. (Exclúese custo de insercións publicitarias, reproduccións masivas dos productos deseñados; considerando nestes casos subvencionable soamente aquelas partidas que poidan representar un prototipo do deseño executado). O gasto subvencionado en razón de prototipos do proxecto non superará en todo caso o 10% do custo total de inserción publicitaria ou reproducción masiva.

5.2. Non serán considerados subvencionables:

a) Os gastos de persoal.

b) O IVE satisfeito pola adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención de o dito imposto.

c) A adquisición ou alugueiro de locais.

d) O equipamento estándar ofimático, sistemas de deseño industrial, nin maquinaria para producción.

e) Os gastos financeiros ocasionados polo desenvolvemento do proxecto.

6. Documentación adicional.

A memoria descritiva do proxecto referida no Art. 5.1.6) da presente orde deberá incluír, ademais, o plan de financiamento das empresas ou organismos solicitantes previsto para o proxecto, onde se cuantifique a incidencia da subvención solicitada así como os outros medios propios e/ou alleos previstos.

4. Programa de redes de organismos intermedios de apoio á innovación.

1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios referidos no Art. 2 da presente orde que teñan

o seu enderezo social e o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e presten servicios de apoio en rede, entendéndose que prestan os ditos servicios cando compartan entre eles ou coas empresas a formulación, execución ou financiamento das actividades previstas nesta disposición, exceptuadas as de contido tecnolóxico-industrial.

2. Obxecto das axudas.

a) Asistencia a empresas para a localización de plans de acción ou posta en marcha de proxectos dirixidos fundamentalmente a implanta-los mecanismos asociados á xestión da innovación ou á mellora da competitividade na empresa.

b) Realización de proxectos piloto de innovación ou de demostración nos que participen empresas de distintas comunidades autónomas.

c) Difusión de ideas, experiencias, mellores prácticas, resultados e técnicas relacionadas coa xestión da innovación, incluíndo accións de formación conxunta neste ámbito que potencien os recursos humanos das Pemes e/ou dos organismos intermedios. (Non serán subvencionables os proxectos de formación pura, nin as accións de formación xenérica enmarcadas dentro dun proxecto, senón aquelas de apoio específico ó proxecto, ineludibles para levar este a boa fin).

d) Desenvolvemento de procesos de transferencia externa de coñecementos distintos da difusión dirixidos a facilitarlles ás Pemes o desenvolvemento e a comercialización de servicios innovadores.

e) Estudio e posta en marcha de sistemas de alerta comercial e tecnolóxica en sectores de interese, que axuden á mellor formulación de estratexias e plans comerciais e tecnolóxicos das Pemes.

f) Apoio para a realización de estudios de viabilidade técnica e económica de novos organismos intermedios, así como estudios destinados a reestructurar, racionalizar ou reorientar estratexicamente os existentes.

g) Apoio para a realización de estudios co obxecto de incorpora-la innovación na estratexia dos organismos intermedios.

h) Apoio á integración de organismos intermedios en organizacións supranacionais.

3. Contía da subvención.

A porcentaxe de axuda prevista será de ata un 75 por 100 dos gastos subvencionables realizados polo promotor e os participantes.

4. Criterios para a concesión das axudas.

4.1. Para as empresas:

a) Capacidade técnica e económica demostrada para desenvolve-lo proxecto.

b) Impacto no contorno empresarial ou sectorial no que se localice a empresa.

c) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

d) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

4.2. Para os organismos intermedios:

a) Capacidade técnica aprobada.

b) Experiencia en realización de proxectos con PEME.

c) Grao de especialización en relación coa materia obxecto do proxecto.

d) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

e) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

f) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

4.3. Para o proxecto:

a) O seu carácter intersectorial.

b) O número de participantes e potenciais beneficiarios deste.

c) O beneficio potencial para as zonas menos desenvolvidas.

5. Gastos subvencionables.

5.1. Considéranse subvencionables os seguintes tipos de gastos aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto establecida na resolución de concesión, que non poderá supera-lo 15 de novembro de 1998.

a) Os gastos de amortización de equipamentos e os equipos informáticos, necesarios para a realización do proxecto e proporcionalmente a súa dedicación a el.

b) Os gastos de colaboracións externas (consultoría, formación específica, xestoría, etc.).

c) Os gastos de viaxe (desprazamentos interurbanos en medios de transporte públicos - avión turista, tren - e aloxamento). Estes gastos non superarán o 5% do total do gasto subvencionable.

d) Os gastos de materiais funxibles.

e) Os gastos de promoción e difusión relativos ó proxecto. Estes gastos non superarán o 40% do total do gasto subvencionable.

5.2. Non serán considerados subvencionables:

a) O alugueiro de locais.

b) As obras de acondicionamento de locais ou instalacións.

c) A adquisición de soares ou edificios.

d) O IVE satisfeito pola adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

e) Os gastos financeiros ocasionados polo desenvolvemento do proxecto.

f) Os gastos de persoal.

6. Documentación adicional.

6.1. A memoria descritiva do proxecto referida no Art. 5.1.6) da presente orde deberá incluír, ademais, o plan de viabilidade e financiamento previsto para o proxecto, onde se cuantifique a incidencia da subvención solicitada así como os outros medios propios e/ou alleos previstos.

6.2. Aqueles organismos intermedios que, cumprindo os requisitos do Art. 2º da presente orde, non sexan federacións ou asociacións, deberán presentar, ademais, xunto coa demáis documentación establecida no Art. 5º documento de compromiso doutro ou outros organismos intermedios ou empresas de participar no proxecto, definindo o alcance da súa participación. Nestes supostos, deberá así mesmo presentarse a seguinte documentación relativa ós outros participantes:

- Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura ou acta de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro público correspondente.

-No caso de sociedades mercantís, certificación do órgano de administración, comprensiva de: a composición actual do órgano, o detalle de partícipes con participación superior ó 25%, con indicación do nome ou razón social e a porcentaxe de participación, o número de traballadores actuais, o volume de negocio, o inmobilizado neto e o activo neto correspondente á data de peche do último exercicio económico pechado.

5. Programa de financiamento.

1. Obxecto das axudas.

O obxecto da subvención é facilitarlles ás Pemes o acceso ás distintas fontes de financiamento, abarata-lo seu custo e mellora-la súa estructura económico-financeira.

2. Préstamos subvencionables.

Poderán acollerse a este programa as operacións financeiras da Liña Pemes do ICO para rexións obxectivo I, as operacións financeiras dos convenios subscritos polas sociedades de garantía recíproca con entidades de crédito e aquelas operacións concertadas con outras entidades de crédito sempre e cando teñan un custo financeiro non superior ó destas últimas.

3. Liñas de axuda e beneficiarios.

As operacións financeiras susceptibles de seren bonificadas enmárcanse en dúas liñas: préstamos avalados para investimentos e préstamos avalados de reestructuración financeira.

Poderán acollerse á liña de préstamos avalados para investimentos as pequenas e medianas empresas (Pemes) referidas no Art. 2º da presente orde

que, independentemente de onde teñan situado o seu enderezo social e o centro principal da súa actividade, proxecten realizar investimentos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse á liña de préstamos avalados de reestructuración financeira as pequenas e medianas empresas (Pemes) referidas no Art. 2º da presente orde que teñan o seu enderezo social ou o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Préstamos avalados para investimentos.

4.1. Requisitos.

Subvencionarase o tipo de xuro dos préstamos destinados á adquisición de activos fixos vinculados a un plan estratéxico destinado a mellora-la competitividade da empresa que cumpran as seguintes condicións:

a) Deberán contar co aval dunha sociedade de garantía recíproca legalmente constituída e que teña o seu enderezo social en Galicia.

b) Os investimentos materializaranse en activos fixos novos dirixidos a mellora-la competitividade cos seguintes límites: como máximo, poderá destinarse un 80 por cento do total do proxecto a investimento en inmobles, e un 20 por cento a investimento en activos inmateriais. Poderán ser subvencionables os investimentos que se realicen ou realizasen despois do 1 de xaneiro de 1998 que cumpran co disposto nestas bases.

c) O importe do préstamo con bonificación de xuros non poderá supera-lo 70 por cento do investimento subvencionable, o que se determinará excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición. O importe máximo do préstamo será de 50 millóns de pesetas, salvo que se trate dunha operación coavalada por máis dunha sociedade de garantía recíproca, caso no que poderá chegar ata 100 millóns de pesetas. En ningún caso o importe do préstamo será superior ó importe de investimento pendente de pagamento á data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir de tal data fora necesario efectuar pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, o préstamo deberá acollerse á modalidade de formalización anticipada prevista no apartado 9.1.

d) O prazo de amortización do préstamo, a elección do beneficiario, poderá ser de cinco anos dos que o primeiro será de carencia de amortización do principal, ou de sete anos, nos que o período de carencia será de dous anos. As amortizacións, unha vez finalizado o período de carencia, serán semestrais, coincidindo coas datas de liquidación de xuros.

4.2. Características da subvención.

Os apoios financeiros para abarata-lo custo das operacións de préstamos avalados para investimentos serán, como máximo, de tres puntos porcentuais do tipo de xuro anual.

O importe das axudas concedidas non reducirá os tipos de xuro por debaixo do índice de prezos ó consumo referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude no Igape.

As subvencións que se concedan reducirán o principal da débeda e seranlle aboadas ó beneficiario dunha soa vez para todal a vida do préstamo na súa conta corrente no banco prestamista.

4.3. Criterios para a concesión das axudas.

a) O volume de investimento realizado en activos fixos non inmobiliarios.

b) A previsión de incremento de emprego derivado dos investimentos que se vaian realizar.

c) A mellora da competitividade inducida co investimento.

d) O tipo de xuro máis reducido que se aplique.

e) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

5. Préstamos avalados para reestructuración financeira.

5.1. Requisitos.

Subvencionaranse os xuros dos préstamos concedidos polas entidades de crédito destinados a reestructura-lo pasivo bancario a curto prazo do beneficiario que reúnan as seguintes condicións:

a) Non poderán acollerse a este programa aquelas empresas que se atopen legalmente incursas en suspensión de pagamentos ou quebra e aquelas nas que a relación de fondos propios/pasivo alleo sexa inferior a 25/75.

b) Deberán contar co aval dunha sociedade de garantía recíproca legalmente constituída que teña o seu enderezo social en Galicia.

c) Deberá xustificarse a viabilidade técnico-económica e financeira a longo prazo da empresa, e que esta está condicionada polo custo actual dos recursos alleos e pola súa estructura financeira, comportando o plan estratéxico que se presente o restablecemento do equilibrio financeiro da empresa.

d) Deberá acreditarse que se prolongan os períodos de amortización do financiamento coa que contase previamente a PEME e que se logra unha diminución do seu custo.

e) O prazo de amortización do préstamo estará comprendido entre catro e sete anos, sen período de carencia. As amortizacións serán semestrais, coincidindo coas datas de liquidación de xuros.

f) O importe máximo do préstamo será de 50 millóns de pesetas, salvo que se trate dunha operación coavalada por máis dunha sociedade de garantía recíproca, caso no que poderá chegar ata 100 millóns de pesetas.

5.2. Pasivos reestructurables.

Considerarase pasivo a curto prazo, para os efectos desta convocatoria, os préstamos, créditos e contratos de leasing con vencemento non superior a dezaoito meses a partir da data de presentación das solicitudes nas sociedades de garantía recíproca ou, en caso de ter vencemento superior, o importe das amortizacións que se vaian realizar no prazo de dezaoito meses a partir desa data.

Non poderán reestructurarse as operacións formalizadas despois do 1 de xaneiro de 1998, salvo que se trate de simples renovacións de pólizas de crédito.

5.3. Importe máximo reestructurable.

O importe de préstamo con dereito a subsidiación limitarase ó estrictamente necesario para o restablecemento do equilibrio financeiro da empresa, e terase en conta para determinar ese límite, a correlación entre o inmobilizado neto da empresa e os seus recursos permanentes.

No caso de reestructuración de pólizas de crédito, terase en conta, tamén, o importe do saldo medio disposto nos 6 meses anteriores á data da presentación na sociedade de garantía recíproca. Non se terán en conta os descubertos.

5.4. Características da subvención.

Os apoios financeiros para abarata-lo custo das operacións de préstamos avalados para reestructuración de pasivos serán, como máximo, de tres puntos porcentuais do tipo de xuro anual.

O importe das axudas concedidas non reducirá os tipos de xuro por debaixo do índice de prezos ó consumo referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude no Igape.

As subvencións que se concedan reducirán o principal da débeda e seranlle aboadas ó beneficiario dunha soa vez para toda a vida do préstamo na súa conta corrente no banco prestamista.

5.5. Criterios para a concesión das axudas.

a) Incremento real do prazo de amortización dos préstamos vixentes.

b) Reducción efectiva do custo dos préstamos actuais.

c) Previsión de incremento de emprego.

d) Previsión de cash-flow xerado.

6. Incompatibilidade.

As axudas establecidas neste programa serán incompatibles co desfrute doutra subsidiación de xuros para a mesma operación de préstamo, e en especial coa recollida nos convenios de apoio financeiro a Pemes subscritos polo Igape con entidades de crédito.

A subvención do FEDER que leva aparellada a liña Pemes do ICO nas rexións obxectivo I será compatible coa establecida nestas bases sempre que conxuntamente non superen o importe máximo total de axuda de minimis fixado pola Unión Europea

e non rebaixen o tipo de xuro da operación por debaixo do IPC acumulado interanual do mes anterior ó da presentación da solicitude.

Así mesmo, estas axudas serán compatibles con calquera outra pública para o mesmo proxecto agás as sinalada no parágrafo primeiro do presente apartado, sen que en ningún caso poidan superarse os límites máximos de axuda establecidos pola Unión Europea.

7. Tramitación.

7.1. As solicitudes presentaranse, por triplicado exemplar, ás sociedades de garantía recíproca utilizando o formulario «Programa de apoio ó financiamento» que se publica como anexos IV e V respectivamente para a liña de investimentos e a de reestructuración de pasivos, xunto con da documentación sinalada no Art. 5.1. da presente orde e ademáis:

a) Certificación de concesión de aval pola sociedade de garantía recíproca.

b) Comunicación de concesión de préstamo pola entidade financeira prestamista, na que figurará o importe da operación, o tipo de xuro inicial, o prazo e a carencia, a periodicidade das liquidacións e o sistema de amortización.

c) As solicitudes de axuda que o seu proxecto leve consigo a creación de emprego por conta allea: declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear e fotocopia do último TC1 e TC2. No caso de que o número de traballadores que figuran neles non coincida co número actual de traballadores no momento da solicitude e que figuran nela, certificación emitida polo solicitante do número de traballadores dados de alta/baixa e aclaración á diferencia sinalada.

7.2. Nas solicitudes de préstamos para investimentos xuntarase, ademais, da documentación descrita no apartado anterior, memoria descritiva do investimento proxectado na que se esixirá que esta sexa consecuente cunha estratexia empresarial orientada a mellora-la súa competitividade. Debe indicarse expresamente que se trata de investimentos realizados ou por realizar a partir do 1 de xaneiro de 1998, que se trata de bens novos na súa totalidade e se o investimento está ou non pago en parte. Esta memoria deberá estar datada e asinada polo solicitante.

7.3. Nas solicitudes de préstamos para reestructurar pasivos xuntarase, ademais da documentación sinalada no apartado 7.1.:

1. Plan de cancelación de pasivos asinado polo solicitante no que se indiquen as características dos pasivos que se van cancelar, o titular da débeda, a súa contía e data de vencemento teórico da operación.

2. Diágnostico e plan estratéxico, debidamente asinado, de viabilidade técnica, económica e financeira

a longo prazo da empresa, despois do restablecemento do seu equilibrio financeiro.

3. Fotocopia das pólizas ou contratos que se solicitan para reestructurar.

4. Certificación da entidade financeira sobre os pasivos que se solicitan para reestructurar, na que se indicará:

-Número de póliza ou contrato.

-Titular da operación.

-Tipo de operación.

-Data de formalización e vencemento.

-Nominal e saldo vivo na data da solicitude na SGR. No caso de leasing, o nominal e o saldo vivo referiranse unicamente ó custo de adquisición do ben financiado. No caso de pólizas de crédito, deberá indicarse o saldo medio disposto nos últimos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude na sociedade de garantía recíproca. No caso de pasivos con vencemento a longo prazo, o importe das amortizacións que se vaian realizar no prazo de dezaoito meses a partir da data de presentación da solicitude na sociedade de garantía recíproca.

5. Os estados financeiros que debe presenta-la empresa de acordo co Art. 5º.1.3. da presente orde, serán as contas anuais correspondentes ó exercicio 1997 unha vez aprobadas e presentadas, se é o caso, no Rexistro Mercantil. Se no momento de presentación de solicitude non transcorrese o termo legal para aprobación de contas e depósito no rexistro, deberán presentarse as contas formuladas polo órgano de administración da sociedade, verificadas por auditor independente. No caso de que o solicitante sexa persoa física, deberá presentar copia, cotexada pola sociedade de garantía recíproca avalista, do balance o 31 de decembro de 1997, obtido do libro de inventarios e balances da contabilidade oficial.

7.4. As solicitudes presentaranse nas sociedades de garantía recíproca ata o 30 de xuño de 1998, debendo estas remitilas ó Igape nun prazo máximo de corenta e cinco días naturais desde a súa presentación e, en todo caso, con anterioridade ó 20 de xullo de 1998. En caso contrario, a sociedade de garantía recíproca asumirá fronte ó solicitante tódalas responsabilidades derivadas dos danos e prexuízos que se lle puideran ocasionar a este pola remisión extemporánea da solicitude.

8. Concesión da axuda.

A resolución de concesión conterá os puntos de subvención máximos que se van conceder tendo en conta o tipo de xuro da operación e o tipo mínimo resultante, que non será inferior ó índice de prezos ó consumo, referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude. A concesión da axuda notificaráselle ó interesado e á sociedade de garantía recíproca avalista.

9. Formalización.

9.1. A partir da entrada en vigor desta orde o solicitante poderá formaliza-lo préstamo respectando as condicións e requisitos establecidos nela e demais normativa de aplicación. Para iso e despois de remitido pola sociedade de garantía recíproca o expediente de solicitude ó Igape, o solicitante deberá remitir escrito a través da sociedade de garantía recíproca avalista, segundo modelo que se xunta como anexo VII, manifeste a intención de acollerse a esta opción o obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, o Igape analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo por subsidiar. O solicitante poderá formaliza-lo préstamo unha vez o Igape lle comunique por escrito a súa autorización para a formalización anticipada. A autorización será igualmente comunicada á sociedade de garantía recíproca avalista.

A autorización á formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

9.2. En caso de ter optar pola formalización anticipada, unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberá incluírse un anexo ó documento de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución e as mencións obrigatorias que se especifican no parágrafo seguinte.

9.3. Se o préstamo se formaliza con data posterior á resolución de concesión, a correspondente escritura ou póliza de préstamo entre a entidade financeira e o beneficiario deberá recolle-la mención que o préstamo está subvencionado con cargo á Iniciativa PEME e que este programa está cofinanciado pola Administración xeral do Estado e a Unión Europea. No documento de préstamo deberá figurar tamén o compromiso de destina-lo importe da axuda, no momento en que se reciba, á amortización anticipada do préstamo.

9.4. A sociedade de garantía recíproca remitirá ó Igape á maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo.

10. Xustificación.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar ante a sociedade de garantía recíproca avalista a disposición dos fondos da operación financeira subsidiada e a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedida, de acordo co seguinte:

1) Préstamos avalados para investimentos: a sociedade de garantía recíproca esixiralles ós beneficiarios a presentación de copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) e dos documentos xustificativos do

pagamento (transferencias bancarias, cheques, etc.). A sociedade de garantía recíproca remitiralle ó Igape esta documentación certificando, ademais, a xustificación dos investimentos. Esta certificación deberá conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificado e das disposicións do préstamo realizadas.

2) Préstamos avalados para reestructuración de pasivos: a sociedade de garantía recíproca esixiralles ós beneficiarios a presentación de copias cotexadas dos documentos que xustifiquen as disposicións do préstamo e as paralelas cancelacións e amortizacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos aprobado. A sociedade de garantía recíproca remitirá ó Igape esta documentación certificando, ademais, a xustificación da utilización dos fondos para esa finalidade.

O prazo máximo de que dispón o beneficiario para a realización e xustificación do proxecto ante as sociedades de garantía recíproca será de tres meses desde a data de notificación da resolución de concesión, salvo prórroga concedida polo Igape logo de solicitude xustificada do beneficiario, sen que en ningún caso o prazo de xustificación ante a sociedade de garantía recíproca poida supera-lo 31 de outubro de 1998.

En canto o préstamo estea disposto na súa totalidade, a sociedade de garantía recíproca deberá remitirlle ó Igape coa maior brevidade a xustificación da realización do proxecto, dispoñendo, como máximo, ata o 30 de novembro de 1998 para presenta-la documentación e certificación do cumprimento ante o instituto.

11. Pagamento da subvención.

A solicitude de cobro da subvención presentarase nas sociedades de garantía recíproca, que lla remitirán ó Igape simultaneamente á remisión da documentación e certificación de xustificación de cumprimento a que se refire o punto anterior. Unha vez verificados os datos polo Igape, procederase ó pagamento da subvención dunha soa vez mediante ingreso por transferencia bancaria á conta corrente da entidade prestamista que indicase o beneficiario na solicitude de cobro. O Igape comunicaralle á sociedade de garantía recíproca o pagamento da subvención. A subvención irá destinada á amortización anticipada do préstamo polo que, unha vez aplicada, deberá presentarse no Igape, a través da sociedade de garantía recíproca avalista no prazo de dez días, a xustificación da reducción do principal da débeda mediante documento bancario adecuado.

O valor actualizado da subvención para o pagamento calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

Tn

R

d

(1+ )

2

Onde k son os períodos de liquidación de xuros, n son os semestres de vixencia, Tn a subsidiación do semestre e d o tipo de xuro legal do diñeiro.

3477