Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración dunha máquina fotocopiadora con destino ó Servicio de Reprografía das casas consistoriais.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras.

b) Número de expediente: S98/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: máquina fotocopiadora. b) Lugar de entrega: véxase punto 1. c) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, sen que en ningún caso poida ser superior a 45 días.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.800.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 116.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social

do licitador), para optar ó concurso para a subministración dunha máquina fotocopiadora con destino ó Servicio de Repografía das casas consistoriais.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de abril de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

3265