Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.451

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Inorgánica, a Ezequiel Manuel Vázquez López (praza 29/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de marzo de 1997 (DOG do 10 de abril) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Inorgánica, a prol de Ezequiel Manuel Vázquez López, con documento nacional de identidade número 33.267.432, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ezequiel Manuel Vázquez López, profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Inorgánica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 2 de abril de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3322