Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO.

Aprobado por decreto da Alcaldía do 11-3-1998 o prego de condicións que rexerá o concurso para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil, exponse o público polo prazo de 4 días hábiles a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP/DOG, para os efectos de exame e reclamacións.

Asemade, anúnciase concurso por procedemento aberto e tramitación urxente, se ben a licitación se aprobará no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicante.

Concello de Tomiño.

2. Obxecto.

Contratación dunha póliza de responsabilidade civil.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso, aberto e urxente.

4. Duración.

Terá a duración dun ano e poderase prorrogar tacitamente ata un máximo de 5 anos.

5. Tipo de licitación.

Un millón cen mil (1.100.000) pesetas, IVE incluído.

6. Garantías.

Fianza provisoria: 22.000 ptas.

Fianza definitiva: 44.000 ptas.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Documentación: a esixida no artigo 9 do prego.

Documentación e información.

Secretaría do concello, teléfono: (986) 62 20 01, fax (986) 62 25 30.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Tomiño, 11 de marzo de 1998.

P.O.

Roberto Miranda

Alcalde

3594