Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación das obras que a continuación se indican, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Praza Campo de Pazos-Taragoña.

Orzamento de licitación: 16.591.980 ptas.

2. Edificio Social-Asados.

Orzamento de licitación: 5.942.969 ptas.

3. Pregos de tipos de cláusulas administrativas particulares.

a) Serán as vixentes para a contratación, mediante poxa, con procedemento aberto, das obras comprendidas nos plans de obras e servicios e outras obras provinciais da Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 282 do 9-12-1996).

b) Fianza provisional: 2% do prezo de licitación.

4. Presentación de proposicións.

Durante os 13 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG ou BOP), no rexistro da corporación en horario de oficina de 9 a 14 horas, de luns a venres.

5. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 20 horas do cuarto día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións (se coincide con sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

6. Modelo de proposición e documentación.

O recollido nos artigos 12 a 14 do prego mencionado (BOP do 9-12-1996).

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 16 de abril de 1998.

María Resúa Quintáns

Alcaldesa-accidental

3122