Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 marzo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación dos servicios de asistencia sanitaria derivada das listas de espera de pacientes dos hospitais Xeral Cíes e O Meixoeiro (Vigo).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 27 78; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de asistencia sanitaria derivada das listas de espera de pacientes procedentes dos hospitais Xeral Cíes e O Meixoeiro (Vigo).

3. Procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual de 130.000.000 de pesetas.

5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza provisional de 500.000 pesetas e unha fianza definitiva do 2% do orzamento de licitación.

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o previsto no apartado 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

9. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

3160