Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente na distribución de cinco números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: distribución de cinco números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores, para a súa entrega nos meses que van de maio a decembro de 1998.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución rematará o 31 de decembro de 1998.

Tramitación: anticipada de gasto.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: catro millóns cen mil pesetas (4.100.000 ptas.).

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (82.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Praza de Europa, 10ª-2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 54 45 12.

Fax: 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: Praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se éste fose inhábil ou sábado, pospoñerase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas e trinta minutos.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1998.

Jorge J. Rodríguez Vázquez-Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

3172