Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/34-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobrado, Nevoade.

Situación: Coles.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 144 m de lonxitude, en conductor LA-56 e apoios de formigón, con orixe na liña P.R.S. 804 e fin no C.T. de Nevoade. Liña subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude, en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na torre metálica da liña P.R.S. 804 e fin no C.T. proxectado con 160 kVA, 20.000/380-220 V de Sobrado. Redes de B.T. no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2931