Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/30-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Couto-Pino.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: 3 liñas subterráneas a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV. (1ª) Couto-Pino de 1.700 m de lonxitude, derivada desde apoio da liña aérea que cruza o río Miño desde o matadoiro do Pino a Reza e fin no C.T. subterráneo da urbanización Vista Hermosa. (2ª). C.T. Reza 1 a C.T. Reza 2 de 585 m de lonxitude con orixe no C.T. existente na caseta rural, Reza 1 e remate no apoio da L.M.T. aérea que cruza o río cara ó matadoiro do Pino no paseo das ninfas. (3ª). C.T. urbanización Vista Hermosa C.T. subestación Ervedelo de 22 m de lonxitude con orixe no C.T. subterráneo de urbanización Vista Hermosa e remate no C.T. da caseta subestación Ervedelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2923