Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/27-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Serois.

Situación: Calvos de Randín.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 1.999 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón con orixe en apoio número 13, da L.M.T. proxectada a C.T. de Lobas e remate no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, 20.000/380-220 V, en Serois (Lobas).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2928